Queremos presentarvos un proxecto realizado na etapa de Ed. Infantil.
Durante o curso 2019/20 empezamos a traballar o noso proxecto “COIDEMOS XUNTOS O NOSO PLANETA”. Nel aprendimos e investigamos sobre as consecuencias do que facemos no planeta: contaminación, suciedade, etc. Xuntos descubrimos que a terra estáse estropeando e non nos gustou nada. Por iso, puxemos máns á obra para intentar cambiar esta situación.
Aprendimos o que significa reducir, reutilizar e reciclar e intentamos poñelo en práctica no noso día a día… Pouco a pouco traballamos estos conceptos e fomos decorando un gran mural que está colgado no corredor. Non puidemos rematalo por mor do coronavirus, así que tivemos que continuar este curso 2020/21.
Durante este curso, ademáis de seguir concienciándonos e coidando o medio ambiente, indagamos sobre as diferentes culturas que hai no mundo. Viaxamos polos diferentes continentes para coñecer as súas costumes, paisaxes, etc e así valorar máis aínda o noso planeta terra. Porque cremos que, co noso graniño de area, podemos cambiar o mundo.
Para darlle visibilidade a este gran proxecto, participamos no XI CONCURSO “CUIDAMOS EL MEDIO AMBIENTE” da marca de pegamentos UHU. Esperamos que ao xurado lle guste o noso traballo… a nós encantounos.
Vos deixamos o vídeo que presentamos…