Bacharelato dual

Na misión de profundar e potenciar o multilingüismo dende o Colexio e grazas ao convenio asinado con “Academica Corporation”, a maior e principal institución escolar e educativa estadounidense e creadora do programa internacional de dobre titulación “Diploma Dual”, queremos ofrecer aos nosos alumnos, ou a outro alumnado de Vigo, a posibilidade de cursar o DIPLOMA DUAL “BACHARELATO DUAL AMERICANO”.
Mediante este convenio dende o colexio implementamos para os alumnos dende 2º ESO que o desexen, o programa de Dobre Titulación de Bacharelato Español e Estadounidense.
Grazas a este Programa os nosos alumnos dende 2º ESO (2ºESO, 3ºESO, 4ºESO) poderán estar matriculados simultaneamente nun High School nos EEUU, cursando ambos estudos ao mesmo tempo.
O programa Diploma Dual realízase 100% en liña, e coma se dunha extraescolar se tratase. Os alumnos deberán cursar un total de 6 créditos estadounidenses durante a súa ESO e Bacharelato, que xunto á convalidación dos seus estudos no colexio lles fará lograr, ademáis da titulación de Bacharelato Español, a titulación estadounidense de “High School”.
Son moitos os valores e vantaxes que aporta o programa “Diploma Bacharelato Dual Internacional” aos alumnos, resaltando tres obxectivos principais:
  • Inmersión Lingüística, 100% en inglés, curriculares, profesores, nunha contorna de estudo e traballo.
  • Inmersión Tecnolóxica, 100% En liña, plataformas, ferramentas, comunicacións etc.
  • Inmersión Persoal, na xestión, esforzo, responsabilidade, organización e madurez do alumno para o estudo e o traballo.
Se queres máis información, escribe a vigo@salesianas.org.
Anexamos algúns vídeos para que coñezades todos os detalles sobre o programa Diploma Dual: