CONFÍA
A quen lle deixarías as chaves da túa casa?
Seguro que estarás pensando… Que forma máis rara de iniciar a presentación do lema de pastoral deste curso! A que vén esta pregunta? Obviamente, a resposta pode ser, a alguén en quen confíe porque as chaves da miña casa nos llas dou a calquera.
O lema pastoral que nos acompañará este curso é Confía, o mesmo do curso pasado, pero… traerá novidades!
Como o curso pasado, a confianza é esa actitude de vida, ese modo de amar, que non só me implica a min ou a ti, senón tamén aos demais e a Deus. Por iso serguimos convidándote a:
Confiar en ti, e nas túas capacidades, en todo o que de bondade, de amor, de boa persoa que levas dentro er que Deus puxo no teu corazón. Estás chamado a descubrir e poñer todo o que es ao servizo dos demais.
Confiar no outro, no que vive ao teu carón e no que non está tan preto. Tamén Deus puxo no seru corazón bondade, tenrura, amor, perdón. Tamén, ao igual ca ti, ten que descubrir o tesouro que es e xuntos podedes facelo abrindo os cadeados que impiden que o mundo sexa máis humano e xusto e, en definitiva, mellor.
Confía en Deus, porque, en definitiva, El confía en ti, ten un soño para ti e espera acompañarte no descubrimento de cal é a chave que te leva á felicidade.
E dirasme… Máis do mesmo. Onde está a novidade?
A novidade está no xesto que acompaña ao lema deste curso. E aquí é onde enlazo coa pregunta que che fixen ao comezar a presentación.
Dándolle voltas ao lema pensamos, non hai maior xesto de confianza que deixar as chaves da túa casa a alguén! Ese xesto que é sinxelo e que facemos con familia e amigos implica crer,ter fe no outro, ao que deixo entrar e con el que podo compartir a vida. Ademais, as chaves poden ser as da miña casa ou as da miña vida e iso si que é un xesto enorme de confianza porque o meu corazón, o corazón de todos é un lugar sagrado no que me atopo comigo, cos demais e con Deus e para entregar esa chave hai que ter fe, moita fe, amar e sentirse amado, confiar en que o outro me acolle, valórame e respecta.
Así que nos puxemos mans á obra e decidimos crear unha imaxe que expresara ese xesto de confianza. Unhas mans que entregan as chaves ao outro, as chaves que abren casas, corazóns, historias, cadeados…
A que agora xa lle vas atopando a relación?
Este curso convidámoste de modo especial, a buscar e atopar chaves, a abrir cadeados e a Confiar en Xesús e María porque con eles podemos soñar e construír un mundo máis humano,en paz, desde o respecto e a solidariedade.
Hai outra novidade, a Palabra de Deus que será luz para o noso camiño:
“NON TEMAS, BASTA QUE TEÑAS FE” (Mc 5,36)
É unha frase collida do fragmento que narra a curación da filla de Xairo; nel Xesús só lle
pide a Xairo que teña fe, e asegúralle que se é así a súa filla curará.
O Señor a cada un de nós, igual que a Xairo, só nos pide que teñamos fe para que o seu
amor e a súa forza poida volver do revés os nosos momentos de debilidade, egoísmo, rancor, violencia…
porque con El non temos nada que temer.
Así que, como terminaba o curso pasado… CONFÍA! Porque El é a chave que dá sentido á túa historia, á nosa historia.



