Extraescolares

As Actividades Extraescolares son aquelas que se desenvolven fóra do horario escolar e nas que participa o alumnado que o desexe. A nosa intención é que a oferta de actividades extraescolares contribúa a facer realidade o obxectivo principal da escola salesiana: a atención e o desenvolvemento de todas as dimensións da persoa. Pretendemos que sexan actividades integradoras e que favorezan o crecemento e a maduración de cada alumno e alumna e que estimulen a vivencia da diversidade e do intercambio con persoas diferentes.