Plan Lector

A lectura é unha actividade que fomenta e facilita o desenvolvemento intelectual das persoas e, polo tanto, axuda a realizarnos como seres humanos. Desde o noso centro lévanse a cabo un conxunto de estratexias que teñen como principal obxectivo fomentar, incitar e promover nos nenos e nenas o gusto pola lectura a partir de diversas actividades (lúdicas e pracenteiras) que teñen como finalidade espertar o interese pola actividade lectora.

Como propósitos fundamentais, o que se pretende conseguir a través do noso plan lector é:

  • Desenvolver hábitos lectores (priorizando o achegamento libre aos textos, o uso de estratexias diversas de animación e o acompañamento dos seus profesores)
  • Potenciar a comprensión lectora desde todas as áreas do currículo.
  • Formar lectores capaces de desenvolverse con éxito no ámbito escolar.
  • Espertar e aumentar o interese do alumnado pola lectura.
  • Fomentar no alumnado, a través da lectura, unha actitude reflexiva, solidaria e crítica ante as manifestacións da contorna.

 

Para lograr este obxectivo, o centro leva a cabo unha serie de propostas que xiran en torno a catro eixes principais:

  • BIBLIOTECA do centro: espazo dinámico para o desenvolvemento da competencia lectora onde se producen procesos de ensinanza-aprendizaxe, interaccións sociais, culturais e de instrucción que dan resposta ás necesidades dos nosos estudantes.
  • RADIO: espazo de socialización e aprendizaxe que mellora a comunicación (tanto escrita como oral), desenvolve o emprego das novas tecnoloxías e fomenta o traballo cooperativo, a creatividade e a expresión artística do noso alumnado.
  • PLURILINGÜISMO: ponte entre o noso alumnado e a realidade lingüística que os rodea. Neste sentido, buscamos cauces que faciliten o acceso ás diversas linguas (castelá, galega, inglesa e francesa), e á comprensión doutras realidades próximas á nosa.
  • INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: organización e acompañamento dos nosos alumnos durante intercambios en diferentes países.

Biblioteca

Radio

Plurilingüismo

Inmersión lingüistica

  • PLAN LECTOR 7
  • IMG_2716
  • IMG_2711
  • _DSC3873
  • _DSC3872