Equipo

EQUIPO:

QUE É? O equipo de pastoral do colexio é o encargado de animar a acción evanxelizadora do centro, é dicir,  ocúpase de programar, coordinar e dinamizar, todas aquelas accións enfocadas a que no colexio se vivan e se transmitan os valores de Xesús segundo o carisma salesiano: apostando pola solidariedade e a protección do máis débil nun ambiente alegre de familia, no que todos e todas se sintan acollidos.

QUE FACEMOS? A pastoral no colexio trabállase de forma transversal tendo en conta todas as relacións que se establecen entre todos os membros da comunidade educativa, pero tamén se leva a cabo dunha forma máis explícita, a través de momentos puntuais ao longo do día (como os “Bos Días”) e mediante as diferentes CAMPAÑAS SOLIDARIAS que apoiamos desde o cole (DOMUND, DOMISAL, campaña contra a fame, apadriñamentos…) e tempos fortes (Advento, Coresma).

QUEN SOMOS? O equipo de pastoral deste centro está integrado pola directora titular, varios representantes de cada unha das etapas educativas, a orientadora e unha representante das Fillas de María Auxiliadora:

 

COORDINADORA Pilar Berzal Anadón
REPRESENTANTES DE LA ESO

Maruxa Pérez Lacaba

Laura García Medraño

REPRESENTANTES DE PRIMARIA

Fátima Grandal Durán

Javier Santalices Silva

REPRESENTANTE DE INFANTIL Mar Mera Parajó
ORIENTADORA María Teresa Fernández Álvarez
REPRESENTANTE DAS FMA Corona Nieto Baceiredo