Propuesta Educativa

imagen fija

Somos ESCOLA porque acompañamos os nenos e mozos na construción do seu proxecto de vida persoal mediante unha educación integral: adquisición de coñecementos, competencias e valores.

Somos ESCOLA CATÓLICA porque estamos fundados sobre os valores do Evanxeo. Somos fieis á misión que nos foi confiada, con especial atención os nenos, nenas e mozos e mozas máis necesitados; así como un permanente diálogo coa realidade cultural e relixiosa do noso contexto.

Somos ESCOLA CATÓLICA SALESIANA porque ofrecemos unha formación integral da persoa, apostamos polo sistema preventivo dos nosos fundadores, San Xoán Bosco e Santa María Mazzarello, e promovemos un ambiente educativo. Colaboramos na construción dunha sociedade aberta e solidaria

QUE ELEMENTOS AXUDAN A DEFINIRNOS?

MISIÓN, que radica en multitude de aspectos dos cales nós destacamos que somos unha escola católica, aberta a todos.

VISIÓN, sendo unha escola que comparte un enfoque común, que adopta o sistema preventivo, que promove un ambiente educativo positivo e creativo; e na que se colabora na construción da sociedade.

VALORES, a apertura a Deus, a confianza nos máis novos, o respecto da vida, a acollida incondicional, a personalización das relacións, a construción dun mundo mellor e o traballo como fonte de progreso.