Equipo directivo

Equipo Directivo

O equipo directivo do centro é o órgano ordinário de xestión do Centro que lle dá cohesión e continuidade á acción educativa que se realiza nas diferentes etapas e colabora coa Directora Titular na organización, dirección e coordinación da acción educativa realizada polos diferentes equipos de mestres e profesores.

Ademais das funcións técnicas e de realización de documentación que ten encomendadas, encárgase de que o centro funcione como unha unidade, que o alumnado reciba unha educación integral e unha proposta cristiá, dentro dun itinerario coherente ao longo de todas as etapas o que implica, á súa vez, atender, ademais da educación regulada, a admisión, o tempo libre e extraescolar, os servizos e a atención despois de deixar o centro.

Outra das súas misións mais importantes é a de acompañar a todo o persoal do centro e animalos no cumprimento das súas funcións propias, así como a de resolver os problemas organizativos que xurdan, atender as demandas da administración e as famílias etc.

Obxectivos

Avaliar continuamente o funcionamento de todo o centro e facer que se realicen e se poñan em marcha plans de mellora daquilo que non funciona ben para mellorar así a eficacia do centro no cumprimento da súa misión.

Pensar no futuro innovando e iniciando os cambios precisos para que o Colexio estea á vangarda e vaia conformándose a visión que se pretende conseguir.

Velar porque en todas as accións que se fan no centro estean presentes os valores Cristiáns-Salesianos que fan de todas as persoas relacionadas co colexio bos cristiáns e honrados cidadáns.

O Equipo Directivo está formado por:

A Directora Titular – Ana Belén Salgado Rodríguez

É a responsable de dirixir o centro educativo en estreita colaboración co Equipo Directivo, dende o Carácter Propio e as Orientacións Inpectoriais, para poder dar resposta ás necesidades educativas dos rapaces do centro. Representa á Entidade Titular no centro e ante instancias civis e eclesiásticas. Membro do Consello Escolar como representante da titularidade.

Maruxa Pérez Lacaba – Directora Pedagóxica

É a responsable de dirixir e coordinar o conxunto das actuacións pedagóxicas do centro, sen prexuízo das competencias reservadas á Titular e ao Equipo Directivo, para poder dar resposta ás necesidades educativas dos nenos e mozos do centro. Forma parte do Consello Escolar e do Equipo Directivo e Coordina o Equipo de Innovación e de Coordinación Pedagóxica.

Mercedes Hoyos González – Coordinadora de Pastoral

É a responsable de velar polos procesos pastorais do centro, en estreita colaboración co Equipo de Pastoral Escolar, desde o Carácter Propio e as Orientacións Inspectoriais, para poder darlle resposta ás necesidades educativas dos nenos e mozos do centro.

Rosa Ripaldo Álvarez – Directora da Comunidade FMA

Xunto coa Coordinadora de pastoral vela polos procesos pastorais do centro, en estreita colaboración co Equipo de Pastoral Escolar, desde o Carácter Propio e as Orientacións Inspectoriais, para poder darlle resposta ás necesidades educativas dos nenos e mozos do centro. É membro do Consello Escolar como representante da Titularidade.

Tamara Barrasa García – Secretaría e Administradora do Centro

É a responsable da Secretaria e da xestión económica do centro. Exerce as súas funcións em nome e dependência directa da Directora Titular, dende o Carácter Propio e as Orientacións Inspectoriais, para poder darlle resposta ás necesidades educativas dos nenos e mozos do centro. Forma parte do Equipo Directivo.

Avaliar continuamente o funcionamento de todo o centro facendo que se realicen e se poñan en marcha plans de mellora daquilo que non funciona ben para mellorar a eficacia do centro no cumprimento da súa misión.

Pensar no futuro facendo que se inove e se inicien os cambios necesarios para que o Colexio estea á vangarda e vaia conformándose a visión que se pretende conseguir.

Velar por que em todas as accións que se fan no centro estean presentes os valores Salesianos que fan de todas as persoas relacionadas co Colexio bos cristiáns e honrados cidadáns.