Familia Salesianas

ADMA

A Asociación de María Auxiliadora (ADMA), foi fundada por Don Bosco para “promover o culto ao Santísimo Sacramento e a devoción a Mª Auxiliadora dos Cristiáns”.

Foi erixida canonicamente no Santuario de María Auxiliadora de Valdocco (Turín), o 18 de abril de 1869, e foi “considerada  por Don Bosco como parte integrante da  Sociedade Salesiana”. Fundouna para implicar á maior parte da xente do pobo na espiritualidade e na misión da congregación Salesiana como segundo grupo da súa Obra. Ten a súa sede en Turín, no Santuario de María Auxiliadora. A ADMA está estendida por todo o mundo, especialmente nos lugares onde están presentes os salesianos e as Fillas de María Auxiliadora. Son arredor de 3350 as asociacións  existentes.

A nosa Asociación local remóntase aos anos 80.  Ela constitúe un itinerario de santificación segundo o carisma de Don Bosco. Os socios asomen o compromiso de  vivir a devoción a María Auxiliadora segundo o espírito de Don Bosco, coa conmemoración do 24 de cada mes, o Rosario, a novena, a bendición de María Auxiliadora, a animación das capelas que diariamente visitan as familias;  a colaboración na vida parroquial,  visitas os anciáns e os enfermos, servizos diversos na Igrexa. É dicir, vivir a espiritualidade do cotián con actitudes evanxélicas seguindo o  estilo de Don Bosco e de María Mazzarello.