Historia

No ano 1972 sfundouse a “Gardería Infantil da Caixa de Aforros”.

As salesianas son solicitadas pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo. A intención é crear unha obra social que ten como obxectivos:

  • Educar nenos/as de tres a seis anos, saíndo ao paso da necesidade de moitas familias nas que traballan o pai e a nai.
  • Levar a cabo un “Oratorio Festivo” para os nenos e as nenas da zona, que daquela se estaba comezando a desenvolver.
  • Tamén se atendían as catequeses dalgunhas parroquias e a animación litúrxica das eucaristías dos nenos/as.

Comezou sendo unha gardería pero co tempo, e dado que os nenos/as ían medrando, decidiuse que sería bo darlles continuidade no mesmo centro. Por iso en 1992 comenzou a Educación Primaria e seis anos máis tarde, en 1998, a Educación Secundaria Obrigatoria.

Coia, en 1972, era una gran zona llena de posibilidades, pero aún de pocas realidades. Comenzaba a crecer con la edificación de grandes edificios promocionados por la Caixa de Aforros de Vigo. Un campo grande con poca población, pero en el que ya se veía que podía tener un gran futuro.

Coia, en 1972, era unha gran zona chea de posibilidades, pero aínda de poucas realidades. Comezaba a medrar coa edificación de grandes edificios promocionados pola Caixa de Aforros de Vigo. Un campo grande con pouca poboación, pero no que xa se vía que podía ter un gran futuro.

Coia hoxe é unha zona moi poboada, na que aínda se seguen construíndo cada ano grandes bloques de vivendas. As casiñas pequenas e unifamiliares son substituídas pouco e pouco por grandes torres onde viven moitas familias. É un barrio de traballadores/as  e onde ademais hai moita mocidade. Ademais a situación socio-económica está mellorando duns anos a esta parte, aínda que queda bastante por facer, por iso o noso colexio segue traballando polo barrio.

Actualmente, somos un Centro Católico, Plurilingüe e acollido a financiación pública con concerto pleno en Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Consta de diferentes instalacións e servizos para levar adiante a nosa proposta educativa salesiana entre a mocidade mais desfavorecida.