Axuda a ser feliz

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

”A aprendizaxe afectivo-sexual máis importante é ter a seguridade de que podemos querer e ser queridos, que podemos confiar nos demais e que podemos construír relacións de intimidade seguras” (Alejandra Lucas, Universidade Pontificia Comillas).

“A educación sexual inclúe a aceptación do corpo, a necesidade de empregalo para a relación con outros e o descubrimento de que boa parte da nosa realidade individual, social e cultural é sexuada. Sexualidade é un termo amplo e vivencial que debe ter sempre resonancias ledas, de crecemento. A familia é a experiencia amorosa máis xenuína e cotián, e grazas ao apego e á posibilidade de modelala é a contorna privilexiada para a educación sexual dunha maneira práctica” (Alfonso Salgado. Universidade Pontificia Comillas).

 

Obxectivos da educación afectivo-sexual

  • Adquirir coñecementos axeitados e certos á súa idade.
  • Aceptar a sexualidade como unha dimensión positiva.
  • Procurar o desenvolvemento óptimo da afectividade e a sexualidade.
  • Valorar o propio corpo e desenvolver unha autoestima axeitada.
  • Favorecer que fillos, pais e educadores poidan falar con liberdade e naturalidade.
  • Favorecer a conciencia de que as condutas sexuais sexan éticas.
  • Adoptar roles de xénero flexibles e non discriminatorios.
  • Adquirir conciencia crítica sobre o uso actual da sexualidade.