Proxecto de centro
A aprendizaxe por proxectos é un modelo de pedagoxía construtivista que ten como obxectivo promover unha aprendizaxe fonda a través de estimular ao alumnado en investigación e conflitos que sexan ricos, reais e relevantes para as súas vidas.
Cada ano a escola elixe un tema ou eixe desde o que traballar de xeito interdisciplinar as diferentes áreas do saber.
Este é un enfoque para actividades de aula que enfatiza a aprendizaxe a longo prazo, interdisciplinar e centrada no alumno. Esta forma de aproximación adoita ser menos estruturada que as actividades tradicionais, centradas no profesorado; nunha aula con proxectos o alumnado precisa organizar o seu propio traballo e xestionar o seu tempo.