Incubadora de pitiños

Os pitiños/A encubadora

Esta experiencia diríxese os alumnos de 4º curso de educación infantil coa fin de aprender a través da observación e o descubrimento.

Coincidindo co proxecto dos animais da granxa, levamos unha incubadora á aula e un calendario no que imos contando os días que pasan. O día 21 nacerán os pitiños.

Cando nacen, os nenos póñenlle nome,  atenden as súas necesidades de auga e comida, esgazan papel do xornal para facela cama e que durman quentiños…

Cun mes de vida, levámolos á mesma granxa que nos ofreceu os ovos fecundados.

  • IMG_0347
  • IMG_0325
  • IMG_0609
  • O poliño rompe a casca
  • Xogando cos poliños 2