PROXECTO A VOLTA AO MUNDO

Os nenos e nenas de infantil estamos a traballar nun proxecto anual sobre os continentes. Con este proxecto traballaremos diferentes contidos como os aspectos máis relevantes das diferentes culturas, comida, vestimenta, costumes, etc. Tamén diferentes valores, alegría, respecto, solidariedade… que son necesarios para comprometerse coa sociedade que lles toca vivir. Falamos dos seus dereitos, e tamén das súas obrigas.

No segundo trimestre estivemos viaxando e coñecendo Europa e  África. En Europa, concretamente Italia, por ser o país dos nosos fundadores Don Bosco e Maín, e tamén porque alí se fan os mellores xeados do mundo, naceu a vespa, os espaguetes, o coliseo romano e moitas cousas máis!!!!!! En África, Kenia, xa que a nosa auxiliar de conversa, Molly, coñécea moi ben. Aprendimos moitas cousas. O que máis nos gustaron foron os animais, pero tamén coñecimos que Kenia ten tamén contorna urbana, parques de atraccións, museos, universidade, etc. Chamounos a atención a cantidade de idiomas que existen, e aprendimos algunhas palabriñas en “suajili”. Descubrimos que <<Hakuna Matata>> é unha expresión suajili que quere dicir <<non hai problema>>, e máis palabras como nala (regalo), mufasa (rey), timón (divertido), etc.

Dentro do proxecto que estamos a desenvolver, a Volta ao Mundo, decidimos invitar aos protagonistas, Willy Fog e Romy, e pasar unha tarde con eles. Foi unha gran xornada de diversión para todos.

Neste terceiro trimestre seguiremos viaxando e coñecendo MUNDO. Compartiremos con vós as fotos dos mellores momentos!!!!

Un saudiño dende Vigo,

As profesoras de E.I.