¿QUIÉN LES DIO EL MICRO?

O programa “¿Quién les dio el micro?” xa é unha realidade. Este novo formato, fresco e espontáneo, pon no centro ao alumnado do colexio Don Bosco de Vigo, que se converte no auténtico protagonista.

Ao longo de cada episodio, os estudantes responderán sen filtros a algunhas das preguntas máis inesperadas, divertidas e, ás veces, disparatadas que se nos poidan ocorrer. A súa naturalidade, enxeño e sinceridade prometen momentos únicos que non deixarán indiferente a ninguén.

“¿Quién les dio el micro?” nace co obxectivo de dar voz aos máis novos, amosando a súa visión do mundo dun xeito próximo e auténtico, sen guións nin artificios.

Dende aquí, convidamos a todos a non perder ningunha entrega e a seguir cada nova publicación. ¡As respostas máis sorprendentes están por chegar!