Este ano, dende o Departamento de Educación Física sorprendéronnos con dúas actividades nas que empregáronse metodoloxías activas e participativas nas que as habilidades sociais foron as grandes protagonistas.
O alumnado da ESO comezou o curso adestrando as súas capacidades físicas básicas para poder dalo todo nun proxecto común: agasalláronnos no Día da Familia cun baile moi orixinal creado por eles mesmos.
Comezaron practicando diferentes saltos a comba individual, para pasar a facer saltos fascinantes con combas a nivel grupal. Para rematar a xogada, prepararon unha coreografía que aprenderon entre todos e practicaron ata facela realmente ben. Finalmente prepararon un vídeo montaxe con todo o seu traballo de meses.
Pero con isto non quedaron tranquilos, decidiron comezar forte a última avaliación. Nada máis e nada menos que converteron as clases de EF nunha competición entre as diferentes casas de Harry Potter. A cada curso se lle asinou unha casa, antes de cada sesión, o alumnado recibía un vídeo coas indicacións necesarias para poder realizar as diferentes probas. É dicir, a gamificación apoderouse das aulas e trasladouse ao campo de deportes do noso cole. Entre as diferentes probas tiveron que realizar xogos colaborativos, cumprir fielmente unha serie de normas para poder acadar a máxima puntuación e traballar en equipo.
A competición estivo ben disputada, parecía que 1º ESO sería o gañador, pero o alumnado de 3º ESO comezou a sumar puntos e a implicarse de cheo no seu cometido gañando o concurso. A clasificación das casas quedou deste xeito: