“OFERTA DE PRAZAS E INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 24-25”

Tal e como se recolle na normativa relativa ao proceso de admisión, publicamos a oferta de prazas da que dispón o centro para o próximo curso 24-25, adxunta no PDF ao final desta noticia, e que tamén se atopa exposta na portería do cole.

No PDF atoparedes, ademais da oferta de prazas, a seguinte información:

– A normativa do proceso de admisión de alumnado.

– Criterio complementario do centro para o baremos (en caso de ser necesario)

– Calendario do proceso de admisión.

– Algunhas consideracións importantes a ter en conta para a solicitude.

Coma sempre, ante calquera dúbida, poñédevos en contacto connosco, que estaremos encantados de tentar axudarvos!!!