Queridas familias do Colexio Don Bosco:
Próximos ao comezo do ADVENTO que nos poñerá en camiño cara á celebración do NADAL, poñémonos en contacto convosco para comunicarvos que este ano tamén poñeremos en marcha a nosa “operación Quilo”.
Este ano ten unha cor diferente, os nosos irmáns de Valencia, Albacete, etc… están a sufrir un momento duro, moitos deles quedáronse sen nada.
O Papa Francisco o 3 de novembro no Ángelus convidábanos a seguir “Rezando por Valencia e outros pobos de España que sufren tanto” e CONVÍDANOS a preguntarnos: que fago eu pola xente de Valencia? Rezo, ofrezo algo? pensade nesta pregunta, lanzándonos desta forma un chamamento de solidariedade coas familias das vítimas mortais e os desaparecidos, ademais das decenas de miles de persoas que o perderon todo.
Son moitas as necesidades da nosa contorna e quizáis tamén, dalgunhas familias do noso Centro, por iso pedímosvos a vosa colaboración e, de antemán, agradecémosvos a xenerosidade coa que, sen dúbida, participaredes na mesma.
Os produtos de maior consumo son os de hixiene persoal, alimentos de primeira necesidade non perecedoiros, como aceite, azucre, latas de conserva, produtos do Nadal que son os que nestas datas máis custa adquirir.
A entrega de produtos será desde o luns 25 de novembro ao venres 13 de decembro, e os “quilos” que recibamos serán doados ao Banco de alimentos, para que poidan repartilos.
Grazas de antemán pola vosa xenerosidade para os nosos irmáns que están a vivir momentos de dificultade nas súas familias.
Un saúdo
Equipo de Pastoral