Este curso implementamos desde Educación Infantil e ata 3º de Educación Primaria, unha nova metodoloxía baseada en ambientes de aprendizaxe.
Os ambientes de aprendizaxe son un espazo que depende das necesidades e peculiaridades de cada grupo, un punto de encontro onde os alumnos se poden relacionar.
O ambiente pode ser móbil ou estático, dependendo das necesidades, o que axuda a facer que as clases sexan máis divertidas e motivadoras, xa que cambiamos de espazo e de organización.
Os ambientes de aprendizaxe teñen características moi positivas para o traballo, tanto en equipo como de forma individual, á vez que fomentan a creatividade e imaxinación. Algunhas das características desta metodoloxía son:
– Potenciar a pertenza ao grupo, xa que os alumnos elixen cando queren ir a cada ambiente, polo que se forman grupos de interese.
– Promoverá a autonomía e curiosidade. Os alumnos conseguen ser autónomos xa que eles mesmos son os responsables últimos do seu traballo, e van e veñen aos ambientes con liberdade.
– Crear espazos e materiais motivadores como fonte de interese. Nesta metodoloxía pódense realizar as clases en distintos lugares como patios, corredores, salas multiusos…
– Celebrar a imaxinación e potenciar a creatividade é un dos puntos principais dos ambientes. Os alumnos son protagonistas indiscutibles da súa propia aprendizaxe, xa que cada un as realizará ao seu ritmo.
Mediante os ambientes pódense traballar diversidade de materias e temas. No centro, entre os ambientes que traballamos, atópanse os de arte, matemáticas, linguas, así como construcións ou lóxica matemática.
Aos alumnos encántalles e nós estamos convencidos de que é unha marabillosa forma de axudalos a ser partícipes na súa propia ensinanza-aprendizaxe.
“AS AULAS DEBERÍAN DESAPARECER: A ESCUELA DEBERÍA TER OBRADOIROS E LABORATORIOS, E OS NENOS DEBERÍAN MOVERSE E PASAR DUN SITIO A OUTRO EN FUNCIÓN DOS SEUS INTERESES”.
FRANCESCO TONUCCI