O pasado xoves 30 de xaneiro de 2025, o Colexio Don Bosco tivo o honor de recibir a visita de Sor Marta Riccioli, Conselleira Visitadora do Instituto das Fillas de María Auxiliadora. Sor Marta, nada en Arxentina, dedicou a súa vida á misión salesiana e desempeñou diversos roles dentro da congregación, visitando comunidades educativas en diferentes países para animar e fortalecer o seu labor pastoral. A súa estancia no noso colexio, que se prolongou ata o 1 de febreiro, foi un acontecemento moi esperado e preparado con gran entusiasmo por toda a comunidade educativa.
Durante as semanas previas á súa chegada, alumnos e profesores involucráronse nos preparativos para recibila coa mellor acollida posible. Realizáronse ensaios de cantos e bailes, así como discursos de benvida, decoráronse espazos clave do colexio con mensaxes e carteis conmemorativos, e organizáronse distintas actividades para que a súa visita fora unha experiencia inolvidable.
Un dos momentos máis destacados da súa estancia foi a celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Xunto aos nososo alumnos e profesores, Sor Marta viviu esta xornada con entusiasmo, promovendo valores de convivencia, respecto e solidariedade. A súa presenza e palabras inspiraron a toda a comunidade a seguir fomentando a cultura da paz no noso día a día.
Ademais, a súa visita coincidiu coa festividade de Don Bosco, unha data moi significativa para todos os que pertencemos á familia da FMA. Nesta celebración, recordamos o legado de San Xoán Bosco e reafirmamos o noso compromiso co seu espírito educativo. Sor Marta compartiu con nós o seu testemuño e experiencia dentro da Familia Salesiana, deixando en todos unha mensaxe de cercanía e esperanza.
Os profesores tamén tiveron a oportunidade de vivir un momento especial con ela, no que Sor Marta dirixíulles un saúdo inicial e compartiu unhas palabras de ánimo e gratitude polo seu labor diario na educación dos nosos alumnos.
Trala súa estancia no noso colexio, Sor Marta expresou a súa alegría e satisfacción pola acollida recibida e a calidez da nosa comunidade. A súa visita foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora para todos, que nos anima a seguir crecendo nos valores salesianos e na nosa misión educativa.
Grazas, Sor Marta, por compartir estes días con nós e pola túa cercanía e cariño cara ao noso colexio!
O noso equipo Radiobosco estrevistou a Sor Marta. Gozádea!