O pasado 3 de abril, os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio celebraron o Día da Árbore, unha xornada moi especial na que tiveron a oportunidade de aprender sobre a natureza dunha forma moi práctica e divertida.
Aínda que inicialmente a actividade estaba programada para o 21 de marzo, as inclemencias do tempo non o permitiron, así que decidimos trasladala ao 3 de abril, un día perfecto para gozar do aire libre.
Os nenos e nenas desprazáronse ata a Avenida de Castelao en Vigo, onde o Concello preparou un espazo especial para que puidesen plantar as súas propias árbores. Alí esperábanos o conselleiro de Parques e Xardíns de Vigo co seu equipo, quenes nos recibiron con moito agarimo e acompañáronnos durante toda a actividade.
Cada neno e nena recibiu unha pa para participar activamente na plantación e puxéronse mans á obra.
Como recordo desta significativa xornada, levaron para casa un camelio que poderán coidar e ver crecer co paso do tempo.
Esta actividade non só permitiulles aprender sobre o coidado do medio ambiente, senón que tamén lles ofreceu a oportunidade de vivir unha experiencia única que, a medida que crezan, poderán lembrar e observar como as súas árbores evolucionan ao mesmo tempo ca eles.