TRABALLAMOS POLA VISIBILIZACIÓN DO PAPEL DAS MILLERES NA CIENCIA Ó LONGO DA HISTORIA

Sabías que a media de presenza de mulleres nos libros de texto da ESO é dun 7.5%? E que a cifra de matrículas femininas en carreiras de ciencias no ano 2019 sitúase nun 28.5%? Estes dous datos xustifican suficientemente a necesidade de reflexionar co noso alumnado no marco do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” que, segundo proclamou a ONU en 2015, celébrase cada 11 de febreiro. Dende o cole subscribimos a crenza de que o talento non ten xénero, e prescindir do que podería desenvolverse en nenas e adolescentes que non elixen unha carreira científica por non ter espellos nos que verse reflectidas, é un herdanza cultural que non nos podemos seguir permitindo.

Por iso, dende a semana do 08 de febreiro estamos a traballar dende diversas materias e dende diversas perspectivas o papel da muller na ciencia co fin de normalizar e dar visibilidade ás mulleres científicas.

O curso de 6º de EP reflexionou sobre estereotipos de xénero, de grandes olvidadas na ciencia e ata do reparto do coidado dos fillos/as. Unha experiencia moi enriquecedora que completaron con entrevistas destos nenos e nenas ás súas nais, que podedes escoitar na seguinte ligazón a RadioBosco

A ESO comeza dende a materia de inglés e coa axuda da nosa auxiliar de conversa Molly, cunha tarefa que serviu para coñecer a realidade histórica das mulleres científicas na sombra. Empregamos como punto de partida o material da campaña #NoMoreMatildas, e ademais Molly deunos a coñecer mulleres científicas de Kenya e mostrou o gran labor da Fundación Mulleres por África, que presta apoio a mulleres africanas con iniciativas profesionais diversas.

O propio día 11, dende Bioloxía e Xeoloxía de 1º e Física e Química de 2º, 3º e 4º, tamén nos unimos á iniciativa #NoMoreMatildas, lendo a novela gráfica: “A hipotética historia de Matilda Einstein”…que tivera pasado se Einstein nacese muller? Pois probablemente o mérito das súas achegas tería recaído nalgún compañeiro de investigación, ou mesmo no seu marido, como tantas veces pasou ó longo da historia co traballo de mulleres de ciencia (como Rosalind Franklin, Hildegarda de Bingen, Nettie Stevens, Lise Meitner, Marietta Blau ou tantas outras) As reflexións finais do alumnado foron compartidas no Padlet que amosa a imaxe.

O venres 05 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo sendas conferencias da man de Mónica Martínez-Fernández, unha eminente doutora en Bioloxía cun amplo percorrido en investigación: autora de máis de 30 artigos en revistas oncolóxicas de alto impacto e bolseira, na actualidade, pola Asociación Española Contra o Cancro. Mónica, partindo dos coñecementos que os nosos mozos e mozas teñen sobre xenética e cancro, explicoulles os seus estudos sobre as alteracións moleculares que conducen ao desenvolvemento e evolución  tumoral… e moitas outras cousas. Así resume unha alumna o que máis lles chegou a eles:

“Mónica Martínez contounos en que consiste o seu traballo como investigadora do cancro, deunos a coñecer unha serie de conceptos que descoñeciamos: os beneficios da  inmunoterapia forte, a quimioterapia, que é un xene móbil,  biomas… Tamén se centrou na importancia que teñen as mulleres na ciencia, dando voz a todas elas e animándonos a estudar o que verdadeiramente nos gusta, deixando atrás os prexuízos de xénero.”

Finalmente, esta semana do 01 de marzo, comezamos un proxecto multidisciplinar que abrangue as materias de Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Galega, Living English, Ciencias Sociais e Plástica en 1º de ESO e Física e Química, Lingua Galega, Inglés, Xeografía e Historia e TIC en 4º de ESO titulado “Mulleres de Ciencia na Historia”, co que pretendemos afondar na evolución da ciencia e a súa aportación á historia a través do estudo de mulleres científicas, para así axudar a darlles o papel na historia do que foron despoxadas.

Seguide atentos ás nosas redes sociais…e escoitaredes falar máis deste proxecto que con tanta ilusión poñemos en marcha!!!!!