UN ENCONTRO VÍA ON LINE

AQUÍ ESTOU. ENVÍAME

É a palabra imperativa que máis  resoou por toda a casa ao longo da semana. Achégase o Domund  Que poderemos facer con tantas restricións?

E o equipo púxose mans á obra e xurdiron ideas para uns Bos días moi especiais, e ata puidemos chegar a cada familia!  Non lles levamos petos, pero si moitos motivos e razóns para colaborar co DOMUND. Invitándoos ademais, a través dunha carta, a achegar suxestións, iniciativas, e canto se lles ocurra para levar a cabo as actividades solidarias e apoiar os compromisos que temos cos nenos apadriñados, o proxecto do DOMISAL etc.

Todas as crises golpean máis forte aos máis débiles. E xunto a eles están os misioneiros.

Que pretendíamos? Achegar as figuras deses heroicos misioneiros, esas persoas que o dan todo polos demais. E por iso ocorréusenos conectarnos  vía online cunha gran misioneira salesiana: sor Nieves Crespo. E hoxe, nesta semana dun Domund tan especial, desde Vigo puidemos “atoparnos”  con ela.  Dinos que  está en Madrid pero o seu corazón segue latexando en Etiopía, concretamente en Zway.

Este xoves tivemos  unha titoría especial. A través dun vídeo que proxectamos nas aulas  puidemos ver o inxente labor que realizan os misioneiros, neste caso as salesianas, naquelas terras.

O vídeo foi suscitando en todos, mozos e mozas moitos interrogantes: – Que te inspirou para ser misioneira? – Que foi o que máis te impactou ao chegar?- Canto tardaches en aprender o idioma? – Fuches como misioneira ¿Que che achegou a fe? – Que destacas e agradeces como máis positivo nesta etapa da túa vida? E moitas outras. Pero todas non as podemos repetir.

E ela con moito agrado, como quen saborea aínda o vivido, foi respondendo a todas as preguntas. Resumímolas.

Que satisfacción e que regalo – repetiu varias veces sor Nieves! -Si, realmente en Etiopía, no mundo,  en Zway hai agora máis sonrisas. Teño a gran sorte de estar nunha misión na que se salvan vidas a diario (o maior impacto que recibiu foi sen dúbida cando morreu o primeiro neno  entre os seus propios brazos…);  É marabilloso ver como  a escola (infantil, primaria e secundaria) está cambiando a vida das futuras xeracións;  a escola profesional fai que os rapaces saian cun posto de traballo. Foi sen dúbida a etapa máis dura da miña vida, di,  pero tamén a máis rica: desmontoume esquemas e descolocado a todos os niveis…

E sorrí o seu corazón. Que alegría ver cumprido un marabilloso soño: abastecer con pozos e unha rede de tuberías, fontes e abrevadeiros, a máis de 20.000 persoas, mulleres e nenos, que facían nada menos que dous días de camiño para só 40 litros de auga potable. Isto… en dous renglóns queda dito…! Aplícome en Zway aquilo do tiven fame e sede, estiven enfermo e sen escola, orfo…eensinástesme a soñar cun futuro diferente. . A nosa vida como Salesianas abrélles e alimenta asúa fe. A vida deles alimenta e purifica a nosa. Ao fin somos efacemos familia: familia de Deus.

E a nosa misioneira conclúe o encontro con estas catro raiolas de luz que desexa cheguen a cada un como se fose a “palabriña ao oído” de D. Bosco:

– Valorade moito oo que tedes, en casa, na escola…

– Sentídevos ser un regalo, un regalo para a vosa familia, para os demais para…

– Sede misioneiros/as aquí e agora. Podedes selo coa vosa oración, con  pequenos xestos

– Estade atentos ao  soño que Deus ten para cada un, e estade dispostos a realizalo

E grazas pola vosa axuda. Sen vós os misioneiros non poderíamos realizar tantas cousas. Grazas

E ao chegar ao final vén á lembranza aquilo de :“Cambiemos o mundo amigo Sancho, que non  é loucura nin utopía senón  xustiza”

Que bonito celebrar un Domund así. Grazas, Nieves,  por responder AQUÍ ESTOU. ENVÍAME, cando o Señor preguntou A QUEN ENVIAREI?. E grazas por querer entrar no noso cole, aínda que non puideras moverte de Madrid.

Vigo, 15 de outubre de 2020

OS ALUMNOS DE ESO DO COLEXIO D. BOSCO DE VIGO