Mes de maio. Mes de María. Mes no que as casas salesianas énchense de festa, de alegría, de xogos… mes no que celebramos a santidade: de Domingo Savio, de Maín… mes no que as flores visten os campos e alégrannos a vista. E no que tamén nós queremos ofrecer á Virxe “as nosas flores” máis bonitas: os nosos bos desexos, as nosas boas accións, as nosas boas palabras… un compromiso, un reto diario q temos coa nosa Nai para ir parecéndonos cada día máis a Ela. Presentámosvos este sinxelo recurso: “mayosalesiano”, onde podedes atopar cada día unha oración, unha canción, un breve vídeo… para estar 5 minutos con Ela, coa Nai. Confiémoslle as nosas preocupacións, as nosas dificultades, as nosas alegrías. “Ela, si, fíxoo todo”, dicía D. Bosco. Que Ela se atope a gusto entre nós neste mes e siga paseándose polos nosos patios, aulas… e sobre todo, polas nosas familias. Amén.
Clica na seguinte imaxe para entrar.