Este ano o noso proxecto de centro son os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Empezamos este artigo explicando o que son e porqué son importantes para as salesianas.
En 2015 os líderes do mundo aprobaron a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, que ten por obxecto poñer fin á pobreza, reducir as desigualdades e combater o cambio climático. Para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible debemos unirnos todos —os gobernos, a sociedade civil, os científicos, o mundo académico e o sector privado—.
Todos estamos xuntos nisto. A Axenda, cos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, é universal e insta a todos os países, a adoptar medidas para garantir que ninguén quede atrás.
Teremos que mobilizar os recursos existentes e outros recursos, e os países desenvolvidos terán que cumprir os seus compromisos da asistencia oficial para o desenvolvemento. As alianzas de múltiples interesados serán fundamentais para aproveitar a relación entre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a fin de mellorar a súa eficacia e repercusión e acelerar os progresos na consecución dos obxectivos.
Moitas cousas serán fundamentalmente responsabilidade dos países. Todos os países deberán elaborar regularmente exames dos progresos realizados, que contarán diversas participacións.
Pero… Que podemos facer nós?
Todas as ideas anteriormente expostas fóronse traballando no noso cole desde que empezamos este novo curso 22/23, de maneira transversal en cada materia e no ensino de valores.
Acabamos de pasar o entroido e, do mesmo xeito que no nadal, no noso cole fixemos unha fusión: os ODS e os súper heroes. Desta maneira, conseguimos que os nosos nenos créanse o importante que resulta a súa achega no coidado e benestar do noso planeta. Eles foron os protagonistas do entroido; en cada clase asignouse un ODS e os disfraces foron elaborados en función diso. Desde educación infantil á ESO todos os nenos desfilaron cunha idea individual que se manifestaba nunha soa: coidamos e respectemos o mundo que nos rodea.
A continuación, deixámosvos algunhas fotos para que vexades o chulo que resultou: