XORNADA DE ORIENTACIÓN

Hai pouco celebramos no noso cole a Xornada de Orientación, pero… en qué consiste?

Se pertences ao mundo das Salesianas, saberás que é algo que facemos anualmente e que se trata de lembrar os valores e o lema do curso pasado, ensínase o novo lema, fálase dos valores e a súa importancia, escóllense os delegados e se recorda a palabra de Deus. Ademáis facemos actividades chulas tanto a nivel individual como grupal.

En realidade, coa xornada de orientación plántase a semente para que xermine unha planta durante o curso escolar completo, se queremos non ser meros transmisores de coñecementos temos que empezar por ahí.

Para comprender un pouquiño mellor o que fixemos este ano, imos a lembrar o lema do ano pasado: TODOS SOMOS MORNESE.

Visto así, dende fora, parece carente de significado. Pero o ten… e moito: Mornese é o lugar onde naceu Madre Mazzarelo (fundadora das salesianas), o debuxo representa o pobo italiano e as cores que rodean o mundo, indican que as Salesianas extendéronse por 54 países do mundo, pero, ¿sabemos dende cándo?, pois nada máis que dende hai 150 anos. Ese foi outro dos puntos importantes de celebración do curso pasado. Maín (así era chamada polos seus achegados) fixo unha labor en vida incríble que aínda segue viva. O curso pasado intentamos transmitir aos nosos alumnos que podemos facer do mundo un lugar mellor grazas ás nosas obras diarias.

Como recordatorio máis chamativo e bonito que vos podemos ensinar do curso pasado, temos un vídeo dos nenos e nenas do cole bailando a canción do 150 aniversario. Aquí a podedes ver:

Despois desta breve introducción sobre o curso pasado, vou explicar cal é o lema que nos ocupa e de qué trata: CONTIGO TODO É MELLOR.

As mans representan o encontro, a comunicación. Hai moita xente que saúda chocando os puños. As mans sitúanse sobre a “liña da terra”, entre o ceo e a terra, porque a nosa realidade trascende sempre cara arriba. A Cruz, situada na parte central é a cruz libre. Significa a convivencia coa espiritualidade cotiá que implica tamén a convivencia con un mesmo. Por último: diferentes fontes de letras representan a diversidade das personas o cal é unha realidade.

Como vedes, seguimos ensinando que axudando e convivindo co próximo a vida é máis completa. E aínda que poña contigo, en realidade engloba a propia persoa e ao mundo que a rodea. Se aprendemos a ver a través dos ollos dos nosos compañeros, familia e amigos con empatía, respecto e tolerancia, conseguiremos poñer en práctica todo o que se intenta transmitir no cole. De momento acabamos de plantar a semente, asegúrovos que irá xerminando porque a palabra de Xesús xunto coas vivencias da Virxe, é a máis potente de todas. A continuación, imos mostrarvos algunhas fotos da xornada deste ano:

Así que, ata o próximo curso, interioricemos e vivamos con alegría o lema que nos acompaña este 2022-23.