O colexio Don Bosco de Vigo está a volver a retomar todos os proxectos e actividades que tiñamos previos á pandemia. Unha delas, a celebración na etapa de infantil da festa do Samaín. Unha tradición galega de orixe celta, que representa a transición do verán ao inverno e que se celebra a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, aínda que no colexio a festa é pola tarde.
Aos nenos e nenas o Samaín gústalles moitísimo, por dous motivos, un, porque se organizan talleres con pais/nais e velos por alí failles sentir moi felices, e dous, porque preparamos manualidades e merendas terroríficas, disfraces, cabazas para dar sustos, danzas…
En resumo, unha festa TERRIBLEEEE!!!!!
Se queredes ver o ben que nolo pasamos, non vos perdades este tráiler tan divertido!
Firma: Fantasmas, bruxas e monstros de Infantil.