Día de Don Bosco 2021

Este curso está a ser moi diferente, moi especial, moi raro… Moitas cousas son novas: estamos separados en clase, non podemos xogar con outros cursos no patio, non podemos tocarnos, usamos máscaras e mesmo din que temos unhas aulas chamadas burbullas… En fin, todo é moi estraño!

Pero por sorte outras cousas non cambiaron, outras cousas continúan mantendo a súa esencia e sendo igual de únicas… por exemplo seguimos tentando ser boas persoas, querendo axudar aos que máis o necesitan, aprendendo no cole da man dos nosos queridos mestres e mestras e por suposto continuamos seguindo o camiño do noso querido Don Bosco e de Deus: o seu amor, o perdón, a solidariedade, a empatía, o respecto…

Nestes tempos de COVID tentamos buscar o lado positivo das cousas e centrarnos no máis importante e valioso: a nosa familia, os nosos amigos, os nosos compañeiros, a escola, os paseos, os abrazos, os bicos e sobre todo a liberdade de poder escoller o que facer no momento que queiramos, é dicir, o mesmo que nos ensinaba Don Bosco.

Para lembrar e conmemorar a Don Bosco no seu día e festa, as alumnas e alumnos de 4º EP fixeron uns cómics súper chulos dunha parte da vida de Don Bosco. Un momento importante no que toma unha decisión que cambiará a súa vida e que conlevará unha infinidade de alegrías e cousas boas.

Deixámosvos as imaxes dos cómics para que poidades gozalas e festexedes connosco este día de festa tan especial e querido, a pesar de ser este ano diferente e raro. Gozade da lectura, dos debuxos e…

¡VIVA DON BOSCO!