O SEMÁFORO DA PAZ

Aproveitando a celebración de Don Bosco e para traballar o día da PAZ, na aula de 1°EP fixemos unha actividade grupal: O SEMÁFORO DA PAZ.
Deste xeito traballaremos dun xeito diferente a resolución de conflitos.
Primeiro fixemos un rebumbio de ideas lembrando qué accións nos ensina Don Bosco para fomentar a paz. Logo fixemos unha clasificación das accións por cores:
Vermello: son as que provocan malestar e conflito na aula.
Laranxa: son as que buscan solucións para por remedio ás malas accións.
Verde: son as boas accións que axudan a que haxa un ambiente de paz na aula.
A continuación fixemos as tarxetas, as recortamos e cada un escribíu dentro unha palabra.
Por último as pegamos ó redor do noso semáforo e coloreamos as letras do mural.
¡O semáforo da paz vainos axudar moito na nosa clase!