“O PATIO DA MIÑA CASA… CUANDO CHOVE MÓLLASE”
50º Aniversario en Vigo. “Poñendo corazón cos pequenos”
Non, aínda que chova non se molla porque ten un bo teito. Pero ademáis un sol espléndido alegrounos a xornada. E o patio, os patios convertéronse nun lugar de encontro de nenos e adultos, pais, nais, sores, profes, antigos alumnos. Todos movidos por aquel mesmo espíritu que facía vibrar os corazóns en Mornese e Valdocco nun día de Oratorio.
Ata o pensador Umberto Eco dixo: “El Oratorio Salesiano es el lugar de máxima comunicación”. Pois así o vivimos este sábado, 19 de febreiro, na festa do 50 aniversario D. Bosco Vigo, “Poñendo corazón cos pequenos”.
Unha vez máis comprobamos cómo os xogos, as actividades artísticas – obradoiros diversos , manualidades, contacontos, e unha xenial xincana que puso en movemento ata os máis preguiceiros, son medios poderosos para crear ese ambiente que os nenos calificaron de:
“muy especial” (Elian), muy divertido y emocinante por las sorpresas” (Marina e Alexis), un día genial (Sergio e Marta).
E Puri, Miriam, Xeila, Laura… (mamás colaboradoras): “un día superchulo, los niños lo disfrutaron y los mayores también”, ”Un día para el recuerdo, que ¡hay que repetir!”.
Alguén dixo que a festa é unha invención de Dios. Tal vez nestos tempos sexa máis necesaria que nunca. Sobre todo cando é o resultado dun verdadeiro traballo en equipo, – familia, profes, salesianas, antigos alumnos-, o logro dunha verdadeira misión compartida, que quere facer realidade o oño de D. Bosco: ser Casa que acolle, Escola que educa, Igrexa que evanxeliza e Patio onde xogar. Podemos concluir co expresado por outra mamá, Leticia: “ El espíritu de D. Bosco está en cada acto de amor y celebración. Tenemos mucha suerte de pertenecer a este colegio”
Damos grazas a Deus, mientres invitámosvos a participar no seguinte evento, “poñendo corazón coas familias”, como di o noso programa.