SAMAÍN

Xa pasou, pero como se disfrutou….

 

Rematou a celebración do Samaín. Días previos de emoción e moita preparación. Aquí vos mostramos o traballo e a ilusión que puxeron os nenos de primeiro e de que xeito tan divertido traballaron a temática.

Unha das primerias  propostas foi a lectura do conto “Una Cena Monstruosa”, onde se presentaban comensales do máis variado (o señor Vampiro, a Bruxa, a  Momia, o Ogro etc…). Encantoulles, así que se decidiu facer un conxunto de menús propios coa axuda das familias. O resultado foi moi bo. Aquí vos mostramos como lles quedou aos nosos chefs:

Por outro lado, e tamén con moito esforzo e moitas ganas, os nenos de primeiro fixeron os  seus propios contos monstruosos a partir duns cómics. Previamente  escolleron as personaxes a través dun dado virtual  e cada un deixou voar a súa imaxinación. Deixámosvos unha pequena mostra de canto lles gusta escribir:

Y como última información, pero non por elo pouco importante, tamén traballáronse moitas máis actividades: personaxes terroríficas en lingua, cabazas  de diferentes formas e pulseiras en arts e, por supuesto, eles puxeron todo o seu entusiamo en traer merendas terroríficas  as cales daban moito, moito medo:

Este é un breve resumo dalgunhas cousas que se fan no cole. Esperámosvos para as seguientes celebracións, onde  poderedes seguir de cerca todos os nosos futuros proxectos. ¡Ata a seguinte!