SAMAÍN EN INFANTIL

Infantil celebra o Samaín cunha tarde de convivencia e moitos sustos.

Na tarde do día 31 de outubro o alumnado de infantil e as familias dos dous últimos cursos, prepararon diferentes obradoiros terroríficos para celebrar a festividade do Samaín.

A clase de 4º EI deseñou unhas bruxiñas con escoba e todo. A clase de 5º EI converteuse en vampiro por un día e a de 6º EI transformou unha cabaza nunha horrible máscara.

Encantounos a implicación e motivación do alumnado/familias elaborando os obradoiros.

 

Deixámosvos un pequeno vídeo para que vexades o divertido que resultou…