MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL

A piques estamos de rematar o curso e ás profesoras gustaríanos  compartir con todos vós unha memoria das actividades, para que desfrutedes no verán cos nenos e nenas lembrando o bonito que resultou todo!

En particular, queremos amosarvos o Proxecto VEXO VEO XACOBEO – PLAN PROXECTA+ 21·22. Nestes días enviouse á Xunta de Galicia un resumo das actividades, que como xa vos explicábamos,  non só se trataba de camiñar, senón de facer  moitas máis cousas, como cantar e bailar, escoitar contos, traballar sobre a historia do Camiño de Santiago, dramatizar aos peregrinos da Idade Media, etc.

Todo isto podédelo ver neste enlace. Esperamos que desfrutedes véndoo tanto coma nós levándoo á práctica.

Aproveitamos para agradecer o voso traballo.

Se non nos vemos antes, desfrutade dunhas boas e merecidas vacacións.

Vémonos o próximo curso!

 

O equipo de educación infantil.