O COLEXIO D. BOSCO DE VIGO POLA PAZ UCRANIA- RUSIA

 “Todas las guerras son guerras contra los niños y las niñas” (Eglantyne Jebb)

Tendo en conta a situación do conflito Ucrania-Rusia, o equipo de pastoral planteouse involucrar a toda a comunidade educativa nunha campaña de sensibilización e colaboración para aportar o noso graniño de area á ola de solidariedade que está crecendo cada día.

Con algúns recursos que recibimos, entre outros, de Save The Children puxemos en marcha varias actividades: Titorías en cada aula de maiores, Bos días de Radiobosco, xesto de todo o colexio portando xirasois, vixilia de oración para maiores…

¡TODOS CON UCRANIA! Mereceu a pena interrompir un pouco as clases para expresar os nosos sentimentos, que non son outros que os que os nenos, dende infantil a 4º da ESO, expresaron, transformando o patio nun campo de xirasois para amosar o noso apoio a Ucrania. Nos seus xirasois coas cores da bandeira ucraniana e mensaxes de apoio aos nenos, nos seus xestos e palabras, o ¡NON Á GUERRA! resoou tamén entre nós.

Estamos vivindo momentos moi complicados a moitos niveis, pero os nenos non deberían sufrir as consecuencias das decisións dos adultos.

Pero por qué está pasando isto? Para poñer a situación en contexto, o grupo de Radio Bosco preparou un podcast muy completo para os bos días, que aquí adxuntamos.

E co MANIFESTO os nenos quixeron facerse portavoces do que están pasando nenos e nenas, non só en Ucrania, senon tamén en países como Yemen, Siria, Sudán…: Con voz firme escoitamos:

“Antes del conflicto podíamos ser niños y niñas. En el colegio aprendíamos y crecíamos, allí nos escuchaban. Las calles estaban llenas de alegría y felicidad, en ellas paseábamos y jugábamos.  … Nuestro presente y nuestro futuro se han detenido… No acalléis nuestras palabras y nuestros sueños. Nuestro futuro está en peligro. Hagamos del pasado el puente hacia ese futuro que soñamos…”

E pola noite, en vixilia de oración, repetíamos con forza: “Que la Reina de la Paz preserve al mundo de la locura de la guerra”. E mentres se acendían unha, dúas, tres, catro candeas, as imaxes e a música conectábanos coas situacións terribles que alí están vivindo os nenos, mozos, mulleres, anciáns, os que litan e os que queren fuxir, os gobernantes e os que poñen en perigo a súa vida por aliviar e axudar.

Concluimos o acto acendendo cada un as nosas pequenas candeas coas que quixemos iluminar todo o mapa de Ucrania para aportar un pouco de LUZ que acalle as armas, e faga posible volver a vivir en paz.

Colocaremos os nosos xirasois no exterior do colexio, para invitar a cantos pasen pola rúa a unirse ao noso clamor.