APERTURA 50 ANIVERSARIO

O domingo, día 30 de Xaneiro, tivo lugar o acto de apertura do 50 aniversario do noso colexio. Foi un día repleto de lembranzas, emocións, reencontros, música e diversión…

Todo empezou cunha eucaristía.

E pronto chegou o momento máis esperado… o pregón que inicia esta celebración dos 50 anos en Vigo. Quén mellor que Corona para facelo… As súas palabras saen do corazón e chegan ao corazón de todas as persoas presentes. No pregón participaron antigos alumnos, o profe Javi e unha nai de familia. Podedes ver as súas intervencións na seguinte ligazón:

Continuamos a celebración cun vídeo. Un percorrido por estos 50 anos das Salesianas en Vigo. Pero… mellor que o disfrutedes, porque foi moi emotivo.

E despóis dos momentos emotivos… chegaron as actuacións musicais. Alumnos e Antiguos Alumnos do colexio demostraron as súas habilidades artísticas. Grazas a todos e todas!

E para rematar, a despedida da Directora Titular, Ana Belén Salgado, na que interviñeron o Inspector de Educación do Colexio, Don Carlos Antuña Souto, e o Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero. Este último anunciou que o Colexio será nomeado “Vigués Distinguido”. Unha gran nova para o colexio, na que é recoñecida a labor que o mesmo levou a cabo durante estos 50 anos no barrio de Coia.

Na seguinte ligazón podedes ver o acto en primeira persoa…