CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A DOTACIÓN DE AULAS DIXITAIS CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DOS FONDOS EUROPEOS NEXTGENERATION

O colexio Don Bosco está de noraboa, xa que vimos de conseguir unha unha subvención pública ofertada a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU.

Os obxectivos que procuramos ao solicitar esta subvención, que nos permite adquirir novos equipos dixitais que contan coa última tecnoloxía, son:

– Contribuír á mellora do proceso do ensino-aprendizaxe, ao tratarse de dispositivos máis versátiles en canto á interacción, máis adaptados aos requirimentos das diferentes etapas evolutivas da rapazada, así como ás necesidades educativas especiais , soportan mellor softwares e programas punteiros no ensino dalgunhas materias…

– Lograr un impacto positivo na saúde visual dos nosos rapaces e rapazas e no aforro enerxético, dado que teñen máis potencia na imaxe, e non precisan de diminuír a luz ambiental para unha visión óptima.

Por estes beneficios, solicitamos o máximo que as bases reguladoras nos permitían: dotación de ordenador e pantalla dixital interactiva para 10 aulas do colexio, e nos foi concedida a totalidade das mesmas subvencionadas co 100% do importe.

Estamos seguros de que compartiredes con nós a alegría por esta boa nova, dado que todas estas melloras do centro reverterán positivamente nos nosos nenos e nenas.