ALUMNOS DO COLEXIO D. BOSCO, SALESIANAS DE VIGO, IMPLÍCANSE NA GRAN RECOLLIDA
“Comer non pode ser un luxo”. É o lema co que a Federación Provincial Banco de Alimentos comezou a Gran Recollida de produtos nuns 130 establecementos de toda a provincia coa axuda de 2.000 voluntarios.
E ahí estaban os nosos nenos/as, bueno, os nosos adolescentes de 2º, 3º e 4º da ESO e varios profesores. Co seu chaleco azul, animando e asesorando aos clientes e clasificando os alimentos con gran destreza e unha enorme alegría.
Felices de poder regalar unhas horas da súa xornada para prestar apoio nun dos supermercados da cidade e axudar a conseguir o obxectivo desta edición: 300.000 quilos de comestibles, cifra que permitiría atender as necesidades da xente da provincia ata os tres primeiros meses do próximo ano.
Podíase ver nas súas caras a gran ilusión por participar nunha iniciativa tan solidaria. O colexio preparou esta campaña cunha charla dada por dúas Voluntarias que contaxiaron a todos ganas de participar activamente nela.
Agradecemos ás familias o apoio prestado animando aos seus fillos a implicarse. E agradecemos aos adolescentes a súa participación tan activa.
E mentres se achega o Nadal, a corriente de solicariedade segue extendéndose polo colexio, con moitas chamadas a colaborar tamén na Operación Quilo. Xa está en marcha. Nestos días os nosos ollos e o noso corazón están coas persoas máis cercanas que precisan a nosa axuda. ¡Contan con ela!
¡O Colexio D. Bosco inicia o seu Advento solidario!