Benqueridas familias.
Rematamos o trimestre cunha ollada agradecida polos bos momentos compartidos cos rapaces e rapazas, e desexando con esperanza moitos máis para o vindeiro ano , xa xuntos como comunidade educativa, que ben que os botamos de menos!
Compartimos a ligazón ó festival virtual, un ano máis. Agradecemos a profes, alumnado, FMA e familias a ilusión que seguen a poñer nas actuacións!!! (Pincha na imaxe para velo).
Despedímonos esperando que vivades un moi feliz Nadal, que descansedes e desfrutedes o máximo posible, e vos deixamos en adxunto os nosos mellores desexos na nosa postal de Nadal.
Unha aperta grande do Equipo Directivo.