A LINGUA DE SIGNOS

O día 3 de decembro, celébrase o “Día das Persoas con Discapacidade”. Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil, grazas á nosa mestra de prácticas Marta, estamos aprendendo lingua de signos. ¡Encántanos aprender signos novos!
A lingua de signos ten moitos beneficios, non só para a comunidade sorda:
– Favorece a comunicación.
– Axuda no desenvolvemento da linguaxe.
– Favorece a memoria.
– Aumenta a atención.
– Facilita a socialización.
– Mellora a psicomotricidade.
– …
A continuación vos deixamos unha mostra do que aprendimos co noso proxecto “VIAXE Á LÚA”. Esperamos que vos guste tanto como a nos.