O mércores, 24 de novembro ás 18 h Eucaristía presidida polo Sr. Bispo, D. Luís Quinteiro, na concatedral de Santa María de Vigo para toda a comunidade educativa, Familia Salesiana e todos os amigos que desexen compartir a nosa acción de grazas
Este curso, comenzámolo con moita ilusión xa que celebramos o 150º aniversario da fundación das Fillas de María Auxiliadora, as Salesianas.
O noso colexio Don Bosco está feliz de poder compartir este momento tan especial no que lembramos aos nosos fundadores.
As celebracións comenzarán pola mañá, no propio colexio, cun momento festivo no que os alumnos escenificarán os inicios daquela historia
Como comenzou todo? Quen foi a que fundou o Instituto das Salesianas?
Todo comenzou un 5 de agosto de 1872 no que once mozas valentes e xenerosas, xunto a María Mazzarello, a nosa querida Maín, emprenderon a aventura de ser o “monumento vivo” á Auxiliadora, como as quixo nomear D. Bosco; de aí o seu nome: Fillas de Mª Auxiliadora, que se definen como unha familia relixiosa nacida do corazón de San Xoán Bosco e da fidelidade creativa de Santa María Mazzarello.
En Mornese, nos outeiros de Monferrato, a rapaza María Dominga Mazzarello animaba a grupo de mulleres novas coa finalidade de ensinarlles un oficio, pero sobre todo co compromiso de orientalas á vida cristiá. Madre Mazzarello contou coa axuda de Don Bosco que, en Turín estaba axudando a rapaces novos a saír da pobreza.
Así pois, a primeira comunidade de Salesianas inicia a súa vida e a súa misión no Colexio de Mornese. A pesar das dificultades propias de todo comezo, e falta de recursos, o ambiente de familia que se crea na casa fai crecer rapidamente o número de rapazas, de educadoras e de salesianas. Pronto se abren novas comunidades tamén fóra de Italia. A cinco anos da súa fundación, marcha a primeira expedición misioneira para Uruguai, e pouco e pouco fóronse estendendo por toda América, Asia, Australia e no 1893 chegaron a África.
As Fillas de María Auxiliadora, que hoxe son máis de 11.000, están presentes en 97 nacións dos cinco continentes. Nunha gran pluralidade de ambientes educativos cunha especial atención ás nenas, mozas e mulleres. Como unha gran rede educativa, comunicativa e evanxelizadora desde as realidades locais, nacionais e mundiais, facendo visible a misión carismática salesiana, a través de escolas de todo tipo, plataformas sociais, centros de formación profesional e universitaria, ONGs, Oratorios, centros Xuvenís…
Na nosa cidade de Vigo chegaron en 1972, primeiro dirixindo dúas garderías da Caixa de Aforros, e a partir de 1991 co colexio Don Bosco. Cúmprense agora 50 anos de presenza en Vigo! Teremos que celebralo!
O próximo mércores 24 de novembro: Eucaristía de apertura. Como primeiro acto dos moitos que seguirán para lembrar o 150º aniversario da fundación do Instituto das Fillas de María Auxiliadora e pola que damos grazas a Deus.
Faremos memoria, mirando o futuro cunha enorme esperanza, pois o carisma segue vivo e segue crecendo en cada membro desta gran familia que comparte vida e misión no variado campo que o Señor lle ofrece á Congregación para camiñar ao carón da mocidade de hoxe como o fixo Ela, a primeira! María Mazzarello. Muller audaz, entusiasta, xenerosa, humilde, responsable, amable que segue presente nas nosas vidas para seguir evanxelizando e demostrando entre a mocidade o triunfo dos valores cristiáns. Co lema deste ano: Todos somos Mornese, faremos presente o espírito de unión da nosa familia: as Salesianas.