Radio

BoscoRadio

A incorporación da radio na escola pretende potenciar no alumnado o coñecemento, a diversión, a imaxinación, a maxia, a comunicación, a música,… pero tamén a tecnoloxía e a  realidade social na que hoxe en día nos atopamos.

A radio ten múltiples empregos desde hai anos, dos cales pretendemos sacar partido para que o noso alumnado goce facéndoa e apliquen o seu coñecemento nativo das TIC nesta ferramenta multidisciplinar.

Facer radio implica fomentar o traballo en grupo, favorecer a motivación persoal, mellorar a expresión, tanto escrita como oral, potenciar as actividades globalizadoras, transversais e inclusivas, así como traballar as lecturas dunha forma máis crítica e fonda.

Este novo proxecto é un desafío e unha gran motivación para este centro escolar, do que esperamos que nazan marabillosas ideas, creacións e historias das que poidan gozar todas as persoas que queiran escoitar.