Os pitiños/A encubadora
Esta experiencia diríxese os alumnos de 4º curso de educación infantil coa fin de aprender a través da observación e o descubrimento.
Coincidindo co proxecto dos animais da granxa, levamos unha incubadora á aula e un calendario no que imos contando os días que pasan. O día 21 nacerán os pitiños.
Cando nacen, os nenos póñenlle nome, atenden as súas necesidades de auga e comida, esgazan papel do xornal para facela cama e que durman quentiños…
Cun mes de vida, levámolos á mesma granxa que nos ofreceu os ovos fecundados.