INTERIORIDADE
O equipo de pastoral estamos traballando para, nun futuro próximo, implantar un itinerario de interioridade integrado en todas as etapas, co obxectivo de amosarlle aos nosos alumnos o camiño cara a si mesmos e educalos na apertura á transcendencia. Cremos que as persoas estamos formadas por catro dimensións: a física, social, mental e espiritual e, mentres que as tres primeiras trabállanse fondamente, a cuarta (a espiritual) témola máis abandonada. Así xorde a idea de preparar os nenos e adolescentes para o encontro consigo mesmos e alicérzanse as bases precisas para que descubran a dimensión espiritual, común a todos os seres humanos, e poida atopar unha motivación fonda á súa existencia. Trátase de ofrecer os recursos necesarios para favorecer o hábito do contacto consigo mesmos, unha adecuada e sa relación coa súa contorna e a conciencia de apertura ao Misterio. Todo isto pódese concretar no encontro con Deus desde calquera crenza, relixión ou fe que responda á necesidade de transcendencia e de sentido da vida do ser humano.