GRUPOS DE FE E TEMPO LIBRE

GRUPOS DE FE E TEMPO LIBRE

GRUPOS DE FE: PREPARACIÓN AO SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN:

Desde o colexio ofrecémoslle aos nosos alumnos de Secundaria un itinerario de educación na Fe para prepararse para o Sacramento da Confirmación, porque unha casa salesiana caracterízase por crer que o crecemento na fe dos nenos e mozos é algo fundamental.

Mediante o xogo, a festa e diversas dinámicas e momentos de grupo, os mozos e mozas afondan e comparten a vida e maduran no seu camiño de fe.

Ofrecemos esta proposta fóra do horario escolar, onde se crea un ambiente máis distendido, e onde nenos e mozos participan de maneira voluntaria, en ciclos de tres anos, con reunións todos os luns de 16.00 a 17.00. Tamén realizan ao longo do proceso algunha convivencia de fin de semana coa fin de fortalecer vencellos, afondar na experiencia de fe, e alicerzar o sentido de pertenza a unha casa salesiana. O grupo está animado por unha profesora do centro, e conta actualmente cun grupo de 21 alumnos de 2º e 3º da ESO.

Grupos de tiempo libre - GTL

GRUPOS DE TEMPO LIBRE: CEXMA – NOVAS RUTAS Vigo:

Como todos os grupos «Novas Rutas», o grupo CEXMA, ten como finalidade acompanhar á mocidade cara á madurez, axudándoa a que medren como persoas, asuman o sentido cristián da vida, interpretándoa desde os valores do Evanxeo, comprométendose coa alegría e a participación solidaria e se sintan membros dunha comunidade salesiana.

Este grupo está formado por 24 nenos e nenas de 3º a 6º de EP, con reunións semanais os mércores de 13.30 a 14.30, e outras actividades extraescolares: noite do terror, excursións, reunións con grupos doutros colexios salesianos… Este grupo está animado por dúas profesoras do centro e unha FMA.