A ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as) é unha entidade sen ánimo de lucro á que poden asociarse todas as familias que teñen fillos matriculados no centro. Xa desde o inicio da Gardería existiu a inquedanza de colaborar na formación dos pais.
O 11 de xuño de 1992 foi constituída a Asociación de Pais de Alumnos do colexio. Está formada por todas aquelas familias que voluntariamente desexan pertencer a ela.
Entre os obxectivos da asociación máis importantes destacan:
– Colaborar co centro na formación social, moral e cultural dos nosos alumnos/as.
– Promover, en colaboración coa Dirección do Centro, a formación dos pais.
– Desenvolver durante o ano unha serie de actividades e servizos que serven para enriquecer máis aínda a educación dos nosos fillos e fomentar a participación das familias: Magosto, Nadal, Don Bosco, Entroido, Día da Familia, María Auxiliadora ou convivencia da Comunidade Educativa en xuño. E tamén colaborando no apoio escolar en horario extraescolar e apoiando economicamente actividades lúdicas, culturais, educativas…
Contáctanos: anpadonbosco@gmail.com
Síguenos en twitter: Twitter ANPA Don Bosco