O servizo de comedor está contratado coa empresa ARUME-SERUNIÓN que tamén se fai cargo dos monitores que atenden os nenso e nenas á hora da comida e nos momentos de patio.
Tanto o colexio como a empresa ARUME-SERUNIÓN entendemos o comedor como un espazo educativo no que traballar hábitos de hixiene e saúde desde a Educación Infantil ata a Educación Secundaria.
A comida faise na cociña que dispón o colexio. É sa e variada. Emprega produtos frescos de calidade, locais e de temporada.
Cada mes confecciónase o menú coas indicacións das calorías da dieta e a proposta de ceas para cada día da semana.