O colexio Don Bosco ten implantado un proxecto de plurilingüismo en todo o centro educativo, desde educación infantil ata a ESO. Pertence á Rede de Centros plurilingües da Xunta de Galicia e, como tal, ten os seguintes obxectivos:
- Mellorar o dominio efectivo de linguas estranxeiras do alumnado galego.
- Fomentar a pluralidade lingüística e cultural.
- Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas.
- Organizar actividades culturais empregando calquera das catro linguas que se estudan no centro.
- Darlle visibilidade ao plurilingüismo no día a día do centro a través de actividades, cartelería etc.
- Implementar metodoloxías que potencien o plurilingüismo: eTwinning, proxectos multidisciplinares etc
Actividades realizadas:
Auxiliar de conversa para as clases de lingua inglesa desde E. Infantil ata a ESO.
Programa de intercambio para estudantes de 4º ESO.
Participación en programas de inmersión lingüística organizadas por entidades locais:
- PILI VIGO(actividade de inmersión lingüística organizado polo Concello de Vigo
- ENGLISH WEEK (actividade de inmersión lingüística organizada pola Xunta de Galicia)
- AXUDASLE (actividades de inmersión lingüística para o verán organziadas pola Xunta de Galicia)