SOLIDARIDADE
Como colexio relixioso e ademais salesiano cremos que temos dobre compromiso cos máis débiles. É por isto que ao longo do curso levamos a cabo diferentes campañas solidarias reivindicativas, de sensibilización, de visibilización e de apoio económico aos que máis o precisan. Son as seguintes:
Madreselva ONGD
APADRIÑAMENTOS: desde o colexio temos apadriñados 3 nenos coa mediación da ONGD das salesianas: MADRESELVA. A través de diferentes iniciativas que teñen lugar ao longo de todo o curso (Andainas solidarias, merendas solidarias, chocolate solidario de Don Bosco…) reunimos, coa colaboración de toda a comunidade educativa, o diñeiro para facer fronte ás cotas anuais.
DOMUND
DOMUND: o terceiro domingo de outubro a Igrexa celebra o DOMUND, a xornada de apoio ao labor dos misioneiros. Nós traballamos a figura do misioneiro desde os Bos Días e titorías, e facilitamoslle os petos a aqueles alumnos que a fin de semana queren saír a animar á xente a que colabore.
DOMISAL
DOMISAL: trátase dunha iniciativa que une a todos os colexios de Salesianas de España e Portugal para dar a coñecer un proxecto das Fillas de María Auxiliadora en países en vías de desenvolvemento e recaudar fondos para o mesmo. Este ano o proxecto que apoiaremos consiste en conseguir acceso á auga e saneamentos adecuados, así como a posta en marcha de hortos familiares sostibles en 3 comunidades rurais no municipio de Ojojona, Honduras.
COLEXIO DON BOSCO
CAMPAÑA CONTRA A FAME (Mans Unidas): Todos os cursos, en chegando os primeiros días de febreiro, traballamos desde o colexio a campaña de sensibilización contra a fame, en colaboración con Mans Unidas. Trátase de lembrarlles ao nosos nenos e mozos (de lembralo todos) que moita xente no mundo non ten as necesidades básicas cubertas, nin sequera un dos dereitos fundamentais, como é o dereito á alimentación. Lembramos que, en pleno século XXI, 821 millóns de persoas padecen fame, e que máis de 150 millóns de nenos sofren retraso nas medras (segundo datos da ONU).
QUE SOE O TEU SI
SEMANA VOCACIONAL: durante a semana vocacional intentamos achegarlle aos nenos e mozos a cultura vocacional, tanto a vocación relixiosa, que pode levar á vida consagrada, como outras tantas vocacións que fan que a xente viva o seu traballo e a súa vida dunha forma máis completa e fonda, axudando a facer un mundo máis xusto para todos, e achegando a felicidade aos que nos rodean.
ENLÁZATE POR LA JUSTICIA
ENLÁZATE POLA XUSTIZA: varias semanas durante o curso traballamos desde os Bos Días e as titorías esta iniciativa apoiada por numerosas entidades (Cáritas, Confer, Mans Unidas, Escolas Católicas…) que nace da encíclica Laudato SI do Papa Francisco e que pretende enlazar o coidado á casa común coas necesidades dos máis pobres.