EQUIPO:
QUE É? O equipo de pastoral do colexio é o encargado de animar a acción evanxelizadora do centro, é dicir, ocúpase de programar, coordinar e dinamizar, todas aquelas accións enfocadas a que no colexio se vivan e se transmitan os valores de Xesús segundo o carisma salesiano: apostando pola solidariedade e a protección do máis débil nun ambiente alegre de familia, no que todos e todas se sintan acollidos.
QUE FACEMOS? A pastoral no colexio trabállase de forma transversal tendo en conta todas as relacións que se establecen entre todos os membros da comunidade educativa, pero tamén se leva a cabo dunha forma máis explícita, a través de momentos puntuais ao longo do día (como os “Bos Días”) e mediante as diferentes CAMPAÑAS SOLIDARIAS que apoiamos desde o cole (DOMUND, DOMISAL, campaña contra a fame, apadriñamentos…) e tempos fortes (Advento, Coresma).
QUEN SOMOS? O equipo de pastoral deste centro está integrado pola directora titular, varios representantes de cada unha das etapas educativas, a orientadora e unha representante das Fillas de María Auxiliadora:
COORDINADORA | Mercedes Hoyos González |
REPRESENTANTE DE LA ESO | Ana Pita Fernández |
REPRESENTANTE DE PRIMARIA | Arantxa González Patiño |
REPRESENTANTE DE INFANTIL | Mar Mera Parajó |
REPRESENTANTE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN | Mercedes Hoyos González |