A Educación Infantil contribúe ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos e nenas en estreita colaboración coas familias. As primeiras pezas que conforman a personalidade dun neno serán fundamentales durante o resto da súa vida.
No noso centro queremos ser testigos e arquitectos dese momento excepcional.
- Obradoiros con familias: Samaín, Magosto, Entroido, Maios, elaboración de pan, informática, botánica, horta,…
- Experiencias: visita da mascota da clase, protagonista da semana, “a voz dos maiores”, “conto viaxeiro”, os pitiños (incubadora).
- Aulas dixitalizadas.
- Traballo por proxectos.
- Educación emocional: contacontos.
- Aprendizaxe cooperativa.
- Intelixencias múltiples.
- Educación na fe: campañas solidarias, celebracións, apadrinamentos (andaina solidaria), obradoiros sobre valores.
- Plurilingüismo: galego, inglés, lingua castelá.
- Aprendizaxe e servizos: actividades interxeneracionais con centros de maiores.
- Actividades: excursións, hábitos saudables, estimulación da linguaxe.
- Escola de pais (“Educamos Xuntos”).